Amanece o día no teu pensamento
mentres escollo o arrecendo de noites futuras
e mañás agarimosas de café con leite
No caos harmónico que me acompaña
camiñamos cara a iauga descoñecida
de paraxes non descubertos polos puros de conciencia
A neve acóllenos, fría, húmida, salvaxe
mentres o viño da vida eterna aluméanos
entre rochas hai tempo xa esquecidas
E ao teu carón tranquilo
deixo que a escuridade que arrodea a existencia
se desvaneza paseniño, queda, na distancia...
Para a feiticeira que me acompaña dende a primeira lúa.
mércores, 13 de febreiro de 2013
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)