Levo unha boa tempada
Inquedo, coas entrañas atenazadas
Por unha forza descoñecida
Mais familiar dende que teño uso de razón
Unha forza que me obriga a xogar con verbas, con sons, coa Nada
Pode que sexa o efémero, a eterna choiva ou a saudade
Pode que sexa o temor de perder todo o que me fai Ser
De perder realidades e convertelas nun océano de lembranzas
Nas que afogarme, só, sen destino ao que camiñar
Acompañado polos corvos que dende sempre me atormentan co esquecemento