martes, 22 de xullo de 2014

Cuarto Minguante

Vomito verbas de veleno
fel que non sabía existise en min
ante unha lúa de sangue que mingua
no máis tépedo da noite

Toda a carraxe concentrada
nun breve momento de treboada
que me consume a ialma
con irracional precisión

Arrastro comigo o único branco e cristalino,
compaña calada...
e choro agora pola amargura que probablemente callou
nos seus ollos de comprensión
e bondade