xoves, 30 de outubro de 2008

E Morre A Inocencia

e morre a inocencia

...nas profundidades do abismo
onde a pedra suspira sen luz
unha eternidade sen vida...

...a escura faciana de atormentado
pasado de mortes lentas
e ollares de sangue...

...coas cimitarras prestas
para o combate sen retorno
vinganza en frío prato...

...a negra sombra que precede
a beleza do caos controlado
dunha danza macabra...

e morre a inocencia