luns, 28 de abril de 2014

Corvos do esquecemento

Levo unha boa tempada
Inquedo, coas entrañas atenazadas
Por unha forza descoñecida
Mais familiar dende que teño uso de razón
Unha forza que me obriga a xogar con verbas, con sons, coa Nada
Pode que sexa o efémero, a eterna choiva ou a saudade
Pode que sexa o temor de perder todo o que me fai Ser
De perder realidades e convertelas nun océano de lembranzas
Nas que afogarme, só, sen destino ao que camiñar
Acompañado polos corvos que dende sempre me atormentan co esquecemento

venres, 28 de marzo de 2014

Na Distancia...

Fíos que se unen
por casualidade
mais que misteriosamente
enfían como se viñeran da mesma roca

Caos cósmico? Hai veces que o dubido...

martes, 3 de setembro de 2013

Haiku 1

Nada me guía
Na noite que me leva
Polo baleiro

domingo, 30 de xuño de 2013

Haiku Inverso 3

coma o cantar dos merlos
dígoche adeus
levándote comigo

luns, 24 de xuño de 2013

Haiku Inverso 2

pensamentos baleiros
na negra noite
que ao inferno achegan

domingo, 16 de xuño de 2013

Adicción

Recreamos e repetimos
esquemas do pasado
que a sociedade
con dictatorial calma
obriga para que a cultura
perdure

Cultura imperialista
alienadora, que elimina o
individuo

Dísenos que as accións
ou son Boas
ou son Malas

Eu
non o creo

Non hai boas ou malas accións

Só Consecuencias que non
queremos ou sabemos asumir

Calquera acción nesta existencia
leva a dualidade implícita
do Ben e do Mal

A nosa cegueira é a que
atribúe o valor ético e moral

Sen fronteiras mentais
non hai frustracións ante
a consecuencia non desexada

Pero, e o arrepentimento?
Que é o auténtico arrepentimento?

O que deixas de facer polo
temor do fracaso...

Que é o fracaso?

A arma desta sociedade
contra a liberdade individual

Haiku Inverso 1

non hai notas erradas
dixo o mestre
só notas mal resoltas