descenso à iauga
e no fundo do abismo
sinto o baleiro
luns, 22 de maio de 2017
martes, 16 de maio de 2017
Primeiros versos de Luz
Agarimo os teus cabelos mouros
alumeados por brilhos de prata
e a Luz boura
Pérdome no teu olhar feiticeiro,
pícaro, olhar calmo e nidio
e a Luz boura
Alédasme a ialma cando ríes
e a Lúa enche as minhas sombras
e a Luz boura
alumeados por brilhos de prata
e a Luz boura
Pérdome no teu olhar feiticeiro,
pícaro, olhar calmo e nidio
e a Luz boura
Alédasme a ialma cando ríes
e a Lúa enche as minhas sombras
e a Luz boura
venres, 7 de abril de 2017
martes, 21 de febreiro de 2017
Non esquezo...
Como pasa o tempo...
aínda así lembro e relembro
as conversas, os viños e os paseos pola Ribeira.
Como pasa o tempo...
ás veces esquézome deste día,
mais iso non significa que me esqueza dos sorrisos
Como pasa o tempo...
mais sempre nos quedará Roma
ou a fermosa Florencia
aínda así lembro e relembro
as conversas, os viños e os paseos pola Ribeira.
Como pasa o tempo...
ás veces esquézome deste día,
mais iso non significa que me esqueza dos sorrisos
Como pasa o tempo...
mais sempre nos quedará Roma
ou a fermosa Florencia
sábado, 24 de outubro de 2015
xoves, 22 de outubro de 2015
noite de defuntos
...e o labirinto abriu as súas portas
cara as profundidades ateigadas
de medos e misterios
sons da noite e ollares lastimeiros...
cara as profundidades ateigadas
de medos e misterios
sons da noite e ollares lastimeiros...
luns, 19 de outubro de 2015
Orballo
erguinme no cheiro da túa compaña
que acalmou o adormecido brazo magoado
aínda a noite rexía no mundo
aínda os paxaros non deixaran o niño...
os meus pasos soaron doces
sobor a húmida terra vizosa
aínda sentía o abafo onírico
aínda o raposo andaba á procura...
soaron os acordes antigos
nun vello cravo ben tanguido
aínda as luces eléctricas mancaban os ollos
aínda o galo non saudara o sol...
...mais o orballo alegroume a faciana
que acalmou o adormecido brazo magoado
aínda a noite rexía no mundo
aínda os paxaros non deixaran o niño...
os meus pasos soaron doces
sobor a húmida terra vizosa
aínda sentía o abafo onírico
aínda o raposo andaba á procura...
soaron os acordes antigos
nun vello cravo ben tanguido
aínda as luces eléctricas mancaban os ollos
aínda o galo non saudara o sol...
...mais o orballo alegroume a faciana
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)