xoves, 22 de marzo de 2007

Na Búsqueda Do Primixenio...

Na cova sombría de berros agónicos
co lume dos fachos que sangran arreo
escoito os sons que o Antergo inspira
decadente...

Negras figuras axitándose na néboa
polos cortes das gadañas de xeo
que me levan polas inmortais pedras
sen vida...

Nos altos cumios da constelación infinita
de camiños enrevirados e incertos
espera o Iniciado que me guía
sen mirar atrás...

1 comentario:

Anónimo dixo...

porque non é bo mirar atrás cando o que queremos é ir cara diante; porque non é bo deixarse arrastrar polos recordos do que puido ser e non foi e non quixen que fose; porque o bo é camiñar cada día soñando os seus ollos de guitarra precisa.