Onte crin que non estabas
que o corvo te guiou ate o infinito
onde descansan os que caen na batalla
valerosos
Onte crin que non estabas
que o teu ollar me era afastado
e o teu sorrir un son perdido
na distancia
Onte crin que non estabas
que a miña vida sen sentido
amortaxando o teu recordo
no abismo
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
2 comentarios:
e hoxe que vexo que estás... sigo asombrada pola capacidade que tes para facer das palabras un marabilloso soño poético!!!
simplemente (simplemente ja, como se fose simple) MARABILLOSO. Tes o don das palabras, o corazón do poeta, o sentir dos homes valerosos...
que sería deste mundo sen o teu ollar, sen o teu sorrir??? non cambies nunca!!!
segues a ter a capacidade de emocionarme....
Publicar un comentario