No convento de voces
tremerosas de desexos
inconclusos que ateigan
nas sombras que esmorecen
soou a harmonía celestial, que me namoras
Teclas de antergas
mans artesás de enrugas
cavilosas e anónimas
de partituras eternas
que interpretas con mestría, que me namoras
Imaxes e lembranzas
ríos de cores
maxia de precisións matemáticas
ateigadas de sensibilidade
na música que tocas, que me namoras
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
1 comentario:
Gustame moito.
Publicar un comentario