sábado, 20 de xuño de 2015

Nunha noite, antes do solsticio...

Soa a vihuela na noite
en que a Lúa
Xúpiter e Venus danzan
nun triángulo celestial
mentres Saturno observa sinlencioso

E ti fechas o teu morno ollar
mentres os teus beizos pasean
polo gin tonic de amorodos
que recollemos pola tarde
baixo un Sol intenso

E paseo os meus dedos
polas cordas
de modos e harmonías
que reviven un remoto pasado
de melancólicas lembranzas

E estremézome
ao pensar
que este momento de intensa felicidade
queda
só existe xa nun pasado

que intento reter nestas efímeras verbas...

Ningún comentario: