Esperto entre suor
e frío repentinos de baleiros pensamentos
mentres a anguria me fai abrir os ollos
cara a negra faciana da morte
Penso mais non entendo
que senso ten a existencia
se a Nada que outeo
me arrodeará con agarimosas mans
Penso mais non entendo
que senso ten a vida
sen a Morte que certa é,
única na humana dimensión das cousas
Durmo entre a calidez
da noite que me arroupa
crendo que Todo é
unha simple creación imaxinaria...
martes, 20 de outubro de 2009
martes, 12 de maio de 2009
Inercia...
Inercia no camiño que non vexo
na árbore que cansa retorce as mans en dor infinita
Inercia na compaña que me arrodea
e non sinto como sinceira presenza
Inercia nas conversas que non oio
pois baleiras son as ialmas que as pronuncian
Inercia na eterna tristura que alumea
o meu latexar constante no abismo
Inercia no tempo que non para
e me priva daqueles aos que amo
Inercia ate a morte derradeira
pálida morte, negra sombra que me agarda
na árbore que cansa retorce as mans en dor infinita
Inercia na compaña que me arrodea
e non sinto como sinceira presenza
Inercia nas conversas que non oio
pois baleiras son as ialmas que as pronuncian
Inercia na eterna tristura que alumea
o meu latexar constante no abismo
Inercia no tempo que non para
e me priva daqueles aos que amo
Inercia ate a morte derradeira
pálida morte, negra sombra que me agarda
xoves, 26 de febreiro de 2009
Nada
...do todo á nada nun intre...
...da troula á miseria nun suspiro...
...do sono á consciencia da vida nunha morte...
...da compaña ao baleiro nun pechar de ollos...
...do son ao silencio nun rachar as cordas...
...do estar ao imaxinar nun latexo...
...recordareite sempre,
e voltaremos a encontrarnos...
...da troula á miseria nun suspiro...
...do sono á consciencia da vida nunha morte...
...da compaña ao baleiro nun pechar de ollos...
...do son ao silencio nun rachar as cordas...
...do estar ao imaxinar nun latexo...
...recordareite sempre,
e voltaremos a encontrarnos...
mércores, 4 de febreiro de 2009
Sen Arte, Sen Nada...
sen arte, sen nada
non son nada sen o que me define
me delata, me da a vida
negro é o futuro que me agarda
sen nada
na chuviosa mañá
que precede a eterna noite
dor que arrodea os meus membros
e me funde na miseria
do pensamento autodestructivo
onde a sumisión e a dominación
se confunden no abismo
cordas rotas, madeira podre
que me agarda...
non son nada sen o que me define
me delata, me da a vida
negro é o futuro que me agarda
sen nada
na chuviosa mañá
que precede a eterna noite
dor que arrodea os meus membros
e me funde na miseria
do pensamento autodestructivo
onde a sumisión e a dominación
se confunden no abismo
cordas rotas, madeira podre
que me agarda...
xoves, 30 de outubro de 2008
E Morre A Inocencia
e morre a inocencia
...nas profundidades do abismo
onde a pedra suspira sen luz
unha eternidade sen vida...
...a escura faciana de atormentado
pasado de mortes lentas
e ollares de sangue...
...coas cimitarras prestas
para o combate sen retorno
vinganza en frío prato...
...a negra sombra que precede
a beleza do caos controlado
dunha danza macabra...
e morre a inocencia
...nas profundidades do abismo
onde a pedra suspira sen luz
unha eternidade sen vida...
...a escura faciana de atormentado
pasado de mortes lentas
e ollares de sangue...
...coas cimitarras prestas
para o combate sen retorno
vinganza en frío prato...
...a negra sombra que precede
a beleza do caos controlado
dunha danza macabra...
e morre a inocencia
mércores, 22 de outubro de 2008
Na Fraga De Follas Mortas
Perdido estou na fraga
que ergues no infinito
enmarañar de follas mortas
que enterran os meus ollos
A lúa nova agarda
a brétema da ialba
que o antergo en sabios cantos
enmudece as tebras
Perdido estou na fraga
que ergues no infinito
o meu corazón de pedra
asoballa a baleira existencia
que ergues no infinito
enmarañar de follas mortas
que enterran os meus ollos
A lúa nova agarda
a brétema da ialba
que o antergo en sabios cantos
enmudece as tebras
Perdido estou na fraga
que ergues no infinito
o meu corazón de pedra
asoballa a baleira existencia
venres, 17 de outubro de 2008
Non Esperes Nunca Nada...
...non esperes nunca nada
de quen nunca nada che deu
a pesares das amables verbas
e das miradas perdidas
en falsa admiración...
...mentres pola brétema
que atopo no camiño
os lobos devoran
as miñas entrañas
co velenoso abafo
da ignorancia...
...non esperes nunca nada
do futuro inexistente
dunha vida baleira
sen destino...
de quen nunca nada che deu
a pesares das amables verbas
e das miradas perdidas
en falsa admiración...
...mentres pola brétema
que atopo no camiño
os lobos devoran
as miñas entrañas
co velenoso abafo
da ignorancia...
...non esperes nunca nada
do futuro inexistente
dunha vida baleira
sen destino...
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)