gosto das mañás húmidas e frías
que no outono espertan
ao preguiceiro sol
gosto das cores vermellas, verdes e amarelas
que nas muras xa espidas de froito
preparan o branquexar do solsticio invernal
gosto dese primeiro gosto
a laranxa, mel e café
que che fai rir na cociña
gosto de ver o meu abafo
mentres camiño polas rúas
da melancolía e lembranzas da nenez
gosto das harmonías
que ano tras ano
volto a recoñecer no firmamento
gosto do labirinto
que abrirá as súas portas
unha vez máis na noite de defuntos
gosto das castañas
dos chourizos e do viño xa algo vello
a ritmo de panadeira
gosto da choiva
da néboa das sombras
do ar tépedo e insomne
gosto de seguir
aquí, na espiral que o corvo
tece para min
xoves, 8 de outubro de 2015
sábado, 20 de xuño de 2015
Nunha noite, antes do solsticio...
Soa a vihuela na noite
en que a Lúa
Xúpiter e Venus danzan
nun triángulo celestial
mentres Saturno observa sinlencioso
E ti fechas o teu morno ollar
mentres os teus beizos pasean
polo gin tonic de amorodos
que recollemos pola tarde
baixo un Sol intenso
E paseo os meus dedos
polas cordas
de modos e harmonías
que reviven un remoto pasado
de melancólicas lembranzas
E estremézome
ao pensar
que este momento de intensa felicidade
queda
só existe xa nun pasado
que intento reter nestas efímeras verbas...
en que a Lúa
Xúpiter e Venus danzan
nun triángulo celestial
mentres Saturno observa sinlencioso
E ti fechas o teu morno ollar
mentres os teus beizos pasean
polo gin tonic de amorodos
que recollemos pola tarde
baixo un Sol intenso
E paseo os meus dedos
polas cordas
de modos e harmonías
que reviven un remoto pasado
de melancólicas lembranzas
E estremézome
ao pensar
que este momento de intensa felicidade
queda
só existe xa nun pasado
que intento reter nestas efímeras verbas...
mércores, 18 de marzo de 2015
Cantiga para espertares
Na mañá de frío inverno
vexo con bágoas teus ollos
sécaos ben miña meniña
que eu cantareiche un arrolo
vexo con bágoas teus ollos
sécaos ben miña meniña
que eu cantareiche un arrolo
venres, 6 de marzo de 2015
venres, 20 de febreiro de 2015
Romance de María Balteira
Contan
na Galiza toda
E
ate en terras de Castela
A
historia dunha fidalga
A
que chaman a Balteira
“Entre
os muros dalgún pazo
Eu
non quero ser fechada
Que
os ventos dos camiños
Canten
as miñas fazañas”
Das
Cruzadas regresou
Con
sona de dona arlleira
Xenreira
dos cabaleiros
Que
non puideron retela
“Non
penses que por mullere
Eu
son lene, doce e frouxa
Se
non cres ben o que digo
Colle
o arco, ven e aposta”
“Non
te fíes da Balteira
Éche
filla do diaño”
Xa
o dicía o Sabio Afonso
Nas
súas cantigas de escarnio
“Sei
cantar e sei bailare
Sei
facer perdelo soño
Se
na noite, home, non coidas
Que
os cartos queden sen dono”
No
final da súa vida
Retirada
no Sobrado
Confesábase
cos monxes
Vendo
voar os paxaros
“Eu
que nun mundo de homes
Fun
quen de vivir a vida
O
meu único pecado
Foi
perder a louzanía”
mércores, 4 de febreiro de 2015
venres, 28 de novembro de 2014
Tempo de madeira...
As túas mans traballadas
polo tempo e a madeira
aínda posúen a delicadeza
e mestría que dá a paciencia
No escintilar dos teus apacibles ollos
sigo a perderme na quietude
e na infinita bondade
polo tempo e a madeira
aínda posúen a delicadeza
e mestría que dá a paciencia
No escintilar dos teus apacibles ollos
sigo a perderme na quietude
e na infinita bondade
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)