venres, 17 de outubro de 2008

Non Esperes Nunca Nada...

...non esperes nunca nada
de quen nunca nada che deu
a pesares das amables verbas
e das miradas perdidas
en falsa admiración...

...mentres pola brétema
que atopo no camiño
os lobos devoran
as miñas entrañas
co velenoso abafo
da ignorancia...

...non esperes nunca nada
do futuro inexistente
dunha vida baleira
sen destino...