martes, 20 de outubro de 2009

Nihil Nocturne

Esperto entre suor
e frío repentinos de baleiros pensamentos
mentres a anguria me fai abrir os ollos
cara a negra faciana da morte

Penso mais non entendo
que senso ten a existencia
se a Nada que outeo
me arrodeará con agarimosas mans

Penso mais non entendo
que senso ten a vida
sen a Morte que certa é,
única na humana dimensión das cousas

Durmo entre a calidez
da noite que me arroupa
crendo que Todo é
unha simple creación imaxinaria...