venres, 20 de febreiro de 2015

Romance de María Balteira


Contan na Galiza toda
E ate en terras de Castela
A historia dunha fidalga
A que chaman a Balteira

Entre os muros dalgún pazo
Eu non quero ser fechada
Que os ventos dos camiños
Canten as miñas fazañas”

Das Cruzadas regresou
Con sona de dona arlleira
Xenreira dos cabaleiros
Que non puideron retela

Non penses que por mullere
Eu son lene, doce e frouxa
Se non cres ben o que digo
Colle o arco, ven e aposta”

Non te fíes da Balteira
Éche filla do diaño”
Xa o dicía o Sabio Afonso
Nas súas cantigas de escarnio

Sei cantar e sei bailare
Sei facer perdelo soño
Se na noite, home, non coidas
Que os cartos queden sen dono”

No final da súa vida
Retirada no Sobrado
Confesábase cos monxes
Vendo voar os paxaros

Eu que nun mundo de homes
Fun quen de vivir a vida
O meu único pecado
Foi perder a louzanía”