xoves, 26 de febreiro de 2009

Nada

...do todo á nada nun intre...
...da troula á miseria nun suspiro...
...do sono á consciencia da vida nunha morte...

...da compaña ao baleiro nun pechar de ollos...
...do son ao silencio nun rachar as cordas...
...do estar ao imaxinar nun latexo...

...recordareite sempre,
e voltaremos a encontrarnos...

2 comentarios:

xenevra dixo...

Cando parece nada, é todo
porque todo é o que foi
todo é o que queda
todo son as voces que ecoan
no latexar dos recordos vivos
no bosque dos encontros imperecederos.

Mónica vp dixo...

Hola mister,canto tempo! polo menos dous anos........ pero sigo visitando ou teu blog,sigo lendo os teus versos,versos tristes.. e recordo as clases,as clases de bon rolo,as clases de escapada, as clases de consellos, as clases de madurez,as clases de música; as clases de Xan...do quinque aquel con pintas de pasao que entrou pola porta un día e chegou a selo todo;profesor,compañeiro e amigo, daquel que no canto de dicir "pecha a porta" soltábanos:" cechade a porta" je que grande, aquel que nos lebou a Roma.. e Eladio..(sen palabras). Eu só quería saudarche, mandarche un sorriso e que me digas como consegues que tanta tristeza, tanta oscuridade nas tuas palabras ..se combirta en tanta beleza... Eu seino, só quería que tí tamén o souperas;o máis prezado que ti tes, es ti mesmo,es o enfrontamento etre o que se vé e o que deverda é.non cambies nunca, unha aperta dunha antíga alumna.