pensamentos baleiros
na negra noite
que ao inferno achegan
luns, 24 de xuño de 2013
domingo, 16 de xuño de 2013
Adicción
Recreamos e repetimos
esquemas do pasado
que a sociedade
con dictatorial calma
obriga para que a cultura
perdure
Cultura imperialista
alienadora, que elimina o
individuo
Dísenos que as accións
ou son Boas
ou son Malas
Eu
non o creo
Non hai boas ou malas accións
Só Consecuencias que non
queremos ou sabemos asumir
Calquera acción nesta existencia
leva a dualidade implícita
do Ben e do Mal
A nosa cegueira é a que
atribúe o valor ético e moral
Sen fronteiras mentais
non hai frustracións ante
a consecuencia non desexada
Pero, e o arrepentimento?
Que é o auténtico arrepentimento?
O que deixas de facer polo
temor do fracaso...
Que é o fracaso?
A arma desta sociedade
contra a liberdade individual
esquemas do pasado
que a sociedade
con dictatorial calma
obriga para que a cultura
perdure
Cultura imperialista
alienadora, que elimina o
individuo
Dísenos que as accións
ou son Boas
ou son Malas
Eu
non o creo
Non hai boas ou malas accións
Só Consecuencias que non
queremos ou sabemos asumir
Calquera acción nesta existencia
leva a dualidade implícita
do Ben e do Mal
A nosa cegueira é a que
atribúe o valor ético e moral
Sen fronteiras mentais
non hai frustracións ante
a consecuencia non desexada
Pero, e o arrepentimento?
Que é o auténtico arrepentimento?
O que deixas de facer polo
temor do fracaso...
Que é o fracaso?
A arma desta sociedade
contra a liberdade individual
xoves, 21 de febreiro de 2013
É o que ten...
Catro anos, lembrándome en cada nota
en cada aula
en cada cunca de viño
en cada cepa da ribeira
en cada xantar cos compañeiros
en cada antroido
de ti...
e xusto hoxe, catro anos despois...
e téñenmo que lembrar as lembranzas de outros
que tamén te quixeron e te queren...
non mo tomes a mal... é o que ten...
en cada aula
en cada cunca de viño
en cada cepa da ribeira
en cada xantar cos compañeiros
en cada antroido
de ti...
e xusto hoxe, catro anos despois...
e téñenmo que lembrar as lembranzas de outros
que tamén te quixeron e te queren...
non mo tomes a mal... é o que ten...
mércores, 13 de febreiro de 2013
As 169 lúas...
Amanece o día no teu pensamento
mentres escollo o arrecendo de noites futuras
e mañás agarimosas de café con leite
No caos harmónico que me acompaña
camiñamos cara a iauga descoñecida
de paraxes non descubertos polos puros de conciencia
A neve acóllenos, fría, húmida, salvaxe
mentres o viño da vida eterna aluméanos
entre rochas hai tempo xa esquecidas
E ao teu carón tranquilo
deixo que a escuridade que arrodea a existencia
se desvaneza paseniño, queda, na distancia...
Para a feiticeira que me acompaña dende a primeira lúa.
mentres escollo o arrecendo de noites futuras
e mañás agarimosas de café con leite
No caos harmónico que me acompaña
camiñamos cara a iauga descoñecida
de paraxes non descubertos polos puros de conciencia
A neve acóllenos, fría, húmida, salvaxe
mentres o viño da vida eterna aluméanos
entre rochas hai tempo xa esquecidas
E ao teu carón tranquilo
deixo que a escuridade que arrodea a existencia
se desvaneza paseniño, queda, na distancia...
Para a feiticeira que me acompaña dende a primeira lúa.
martes, 11 de decembro de 2012
So ti
Non penses
que por levar tempo sen verbas
non teño nada que dicirche
Non penses
que non teño nada que dicirche
por levar tempo sen verbas
Mais agora mesmo
ante a túa presenza...
nada ven, nada penso
so ti...
que por levar tempo sen verbas
non teño nada que dicirche
Non penses
que non teño nada que dicirche
por levar tempo sen verbas
Mais agora mesmo
ante a túa presenza...
nada ven, nada penso
so ti...
martes, 5 de abril de 2011
Choiva Nas Pedras Da Citania
Volta polas rúas escuras
alumeadas pola choiva que enfeitiza
as pedras labradas no silencio
de música de cinsas que se esvaen
Cultivo o baleiro nesta vida
onde a Nada reina con sinxela
decadencia de futuras promesas
e a fraga acolle a miña ialma
Non pregunto, pois non me gustan
as respostas que os defensores
do Eterno Destiño claman
coma verdades velenosas e brancas
A choiva que como bágoas
molla o meu pensamento
agocha o coñecemento
que se derrama inexorable
na ignorancia...
alumeadas pola choiva que enfeitiza
as pedras labradas no silencio
de música de cinsas que se esvaen
Cultivo o baleiro nesta vida
onde a Nada reina con sinxela
decadencia de futuras promesas
e a fraga acolle a miña ialma
Non pregunto, pois non me gustan
as respostas que os defensores
do Eterno Destiño claman
coma verdades velenosas e brancas
A choiva que como bágoas
molla o meu pensamento
agocha o coñecemento
que se derrama inexorable
na ignorancia...
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)