xoves, 25 de xaneiro de 2007

Aqueles Que Nos Deixan Atrás

No espertar dunha vermella mañá
de morte negra, negras novas
pérdese no ar o tremor da compaña
estou só, ser Nada

Sen recordos que me guíen quedo
no hourizonte incerto da miña existencia
trala lenta agonía de bágoas
que se cravan, ser Eterno

No valeiro ollar da morte
me consumo paseniñamente
sen o vello tempo que deteña
a aqueles que nos deixan atrás

2 comentarios:

Anónimo dixo...

que podo dicir se me deixas sen palabras?????

Somoneta dixo...

que preciosas son as túas palabras
a parte de músico agora adicaste a poesiaxa di o refran note deitaras sen saber algo novo,
pois aqui a tua alumna gústalle moito o que escribes, e valora moita as túas clases ,aínda que a maioria das veces este a rir.
bueno eu non teño máis que decir, só alucinada e impresionada polo teu traballo, como dixo susana, quedo sen palabras, moi fermoso