xoves, 25 de xaneiro de 2007

No Val Do Silencio

A través do camiño que nos leva en mutua soedade
ollo as cicatrices do tempo gravadas na pedra sen mesura
séculos de lendas perdidas no recordo
daqueles que rexeitan o meigallo da noite

Visión de incertos sinos, baixo o influxo do inverno
que a feiticeira entoa nas notas do inesquecible
falar de vellas crenzas que alumean a miña ialma
ateigada de atrancos dos que envexan sen acougo

No verde val descansa a sombra que me aflixe
entre ríos de fría iauga que esmorecen na distancia
na procura do silencio, da dor dos esquecidos
guiados pola lúa que me acolle entre os seus brazos...

2 comentarios:

Anónimo dixo...

A través do camiño que nos marca cicatrices de séculos de lendas a feiticeira entoa, inesquecible,
a miña ialma no verde val da fría iauga dos esquecidos pola lúa...

Isto vén sendo un plaxio das palabras que, xogando, poden crear novas realidades. ;-)

Estevo González Azañón dixo...

Do meigallo feiticeiro xorden toxos e xestas.
Entre arpados toxos nace da noite unha conspiración misteriosa.
Onte ensinárome o pouco que sei de min, o pouco que me coñezo.
Entre robustas xestas amoreadas naquela vasoira limpo as impurezas desta mente desorbitada.
Creo que era o que precisaba, penso que con isto non basta.
As veces é preciso volver a nacer...entre toxos e xestas!!
Noraboa polas túas verbas!!!