xoves, 25 de xaneiro de 2007

No Pazo Derruido Da Existencia

Tremo só no silencio
mentres caio polo abismo infinito
mentres ela, agora muda ante os meus ollos
se dispón a levarme, a liberarme

E o pasado, todo baleiro
que insiste en recordar o paraíso
pasa diante miña o que fun,
os que foron, os que non voltarán, sen Destiño

E os frondosos bosques
que coa súa fragancia no recordo me levan lonxe
murmuran entre eles, vermello outono
que a vida sen paixón é un vano suplicio

Mentres ollo o horizonte recortado
pola fiestra de vidas separadas
e repito os tristes cantos de vellos bardos
que un home sen recordos non existe

1 comentario:

usa dixo...

nos recordos dun vermello outuno de frondosos bosques nun paraíso sen Destino, xorde unha voz capaz de conmoverme e asombrarme.