E ela fechou os ollos
e esvaeceuse no ar
Logo de que os pensamentos
que acodían irremediablemente ateigados
de baleiro existencial
no día chuvioso
se quedaran en silencio
Non hai maxia en todo o mundo
coñecido que a leve tan lonxe
de sí mesma
ate o sanguento corredor dos seus soños
E a súa faciana branca e azulada
coma a lúa que a bendice
tórnase translúcida ao esvaecerse no ar
cando pecha os ollos
na ialba que precede á morte...
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
1 comentario:
a alba que precede a morte é o soño máxico que a pode levar moi lonxe de si mesma, onde non a firan as voces da terra, onde non a destrocen as olladas ateigadas de baleiro.
Outro poema inmenso ateigado de sentimentos.
Publicar un comentario