Catro anos, lembrándome en cada nota
en cada aula
en cada cunca de viño
en cada cepa da ribeira
en cada xantar cos compañeiros
en cada antroido
de ti...
e xusto hoxe, catro anos despois...
e téñenmo que lembrar as lembranzas de outros
que tamén te quixeron e te queren...
non mo tomes a mal... é o que ten...
xoves, 21 de febreiro de 2013
mércores, 13 de febreiro de 2013
As 169 lúas...
Amanece o día no teu pensamento
mentres escollo o arrecendo de noites futuras
e mañás agarimosas de café con leite
No caos harmónico que me acompaña
camiñamos cara a iauga descoñecida
de paraxes non descubertos polos puros de conciencia
A neve acóllenos, fría, húmida, salvaxe
mentres o viño da vida eterna aluméanos
entre rochas hai tempo xa esquecidas
E ao teu carón tranquilo
deixo que a escuridade que arrodea a existencia
se desvaneza paseniño, queda, na distancia...
Para a feiticeira que me acompaña dende a primeira lúa.
mentres escollo o arrecendo de noites futuras
e mañás agarimosas de café con leite
No caos harmónico que me acompaña
camiñamos cara a iauga descoñecida
de paraxes non descubertos polos puros de conciencia
A neve acóllenos, fría, húmida, salvaxe
mentres o viño da vida eterna aluméanos
entre rochas hai tempo xa esquecidas
E ao teu carón tranquilo
deixo que a escuridade que arrodea a existencia
se desvaneza paseniño, queda, na distancia...
Para a feiticeira que me acompaña dende a primeira lúa.
martes, 11 de decembro de 2012
So ti
Non penses
que por levar tempo sen verbas
non teño nada que dicirche
Non penses
que non teño nada que dicirche
por levar tempo sen verbas
Mais agora mesmo
ante a túa presenza...
nada ven, nada penso
so ti...
que por levar tempo sen verbas
non teño nada que dicirche
Non penses
que non teño nada que dicirche
por levar tempo sen verbas
Mais agora mesmo
ante a túa presenza...
nada ven, nada penso
so ti...
martes, 5 de abril de 2011
Choiva Nas Pedras Da Citania
Volta polas rúas escuras
alumeadas pola choiva que enfeitiza
as pedras labradas no silencio
de música de cinsas que se esvaen
Cultivo o baleiro nesta vida
onde a Nada reina con sinxela
decadencia de futuras promesas
e a fraga acolle a miña ialma
Non pregunto, pois non me gustan
as respostas que os defensores
do Eterno Destiño claman
coma verdades velenosas e brancas
A choiva que como bágoas
molla o meu pensamento
agocha o coñecemento
que se derrama inexorable
na ignorancia...
alumeadas pola choiva que enfeitiza
as pedras labradas no silencio
de música de cinsas que se esvaen
Cultivo o baleiro nesta vida
onde a Nada reina con sinxela
decadencia de futuras promesas
e a fraga acolle a miña ialma
Non pregunto, pois non me gustan
as respostas que os defensores
do Eterno Destiño claman
coma verdades velenosas e brancas
A choiva que como bágoas
molla o meu pensamento
agocha o coñecemento
que se derrama inexorable
na ignorancia...
martes, 9 de novembro de 2010
O Dragón E A Vihuela
Escoita, ou grande entre os grandes
como a pesares de sentir a gadaña
na miña caluga aterecida
saen das miñas man sons de eterna harmonía
Non penses que non temo
o claro destino que me agarda
na túa cova de cheirentas promesas
mentres amosas un futuro inexistente
O teu ígneo abafo
que derrete os metais máis nobres
e as antergas pedras do Abismo
desprende a clara presenza da Negra Sombra
Mais o meu espírito
apreixado na putrefacta mazmorra
elévase cos sons da labrada madeira
e dos trazos de sabios bardos
E a liberdade que atopo
non ma poderás levar
con todo o teu odio
nin toda a túa envexa
Agardo tranquilo o meu descanso
como a pesares de sentir a gadaña
na miña caluga aterecida
saen das miñas man sons de eterna harmonía
Non penses que non temo
o claro destino que me agarda
na túa cova de cheirentas promesas
mentres amosas un futuro inexistente
O teu ígneo abafo
que derrete os metais máis nobres
e as antergas pedras do Abismo
desprende a clara presenza da Negra Sombra
Mais o meu espírito
apreixado na putrefacta mazmorra
elévase cos sons da labrada madeira
e dos trazos de sabios bardos
E a liberdade que atopo
non ma poderás levar
con todo o teu odio
nin toda a túa envexa
Agardo tranquilo o meu descanso
No Bosque Nocturno...
Baixo a choiva que semellan doces sons
que a noite entoa entre soños de buxo
os berros que na miña faciana remoen
as diferentes vidas pasadas que non foron
mais puideron ser...
Épicas baladas baixo o voar do corvo
mentres o vento apreixa o meu nome
entre o seu xeado abafo mortecino
e me fan sentir o baleiro pasar das horas
sen acougo...
Non agardo respostas, mais as preguntas
ateigan o meu pensamento formal
mentres idealizo a vida que non entendo
no bosque nocturno de vellas lendas
xa esquecidas...
que a noite entoa entre soños de buxo
os berros que na miña faciana remoen
as diferentes vidas pasadas que non foron
mais puideron ser...
Épicas baladas baixo o voar do corvo
mentres o vento apreixa o meu nome
entre o seu xeado abafo mortecino
e me fan sentir o baleiro pasar das horas
sen acougo...
Non agardo respostas, mais as preguntas
ateigan o meu pensamento formal
mentres idealizo a vida que non entendo
no bosque nocturno de vellas lendas
xa esquecidas...
xoves, 28 de outubro de 2010
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)