martes, 25 de marzo de 2008

Esvaecerse No Ar

E ela fechou os ollos
e esvaeceuse no ar

Logo de que os pensamentos
que acodían irremediablemente ateigados
de baleiro existencial
no día chuvioso
se quedaran en silencio

Non hai maxia en todo o mundo
coñecido que a leve tan lonxe
de sí mesma
ate o sanguento corredor dos seus soños

E a súa faciana branca e azulada
coma a lúa que a bendice
tórnase translúcida ao esvaecerse no ar
cando pecha os ollos
na ialba que precede á morte...

martes, 19 de febreiro de 2008

Acaso Non É Poesía

Acaso a doce Xenevra
con ollos de amor traizoado
dun egoísta Arthur na distancia
debe renunciar ao infinito?

Acaso non é poesía
a liberdade eterna
que cada mañá os pardaos cantan
ao áspero e doce Lancelot?

Por que esconder na escuridade
de alcobas baleiras de esperanzas
que no esquivo Graal agardan
a inexistencia e existencia da complicidade?

Por que non amosar ao mundo enteiro
sen temor ás maquinacións de Morgana
envexosa no negro Abismo
os teus preciados anhelos?

mércores, 30 de xaneiro de 2008

No Crepitar Do Lume

E unha tenue imaxe
emerxeu do crepitar do lume
mentres sentía o tremer
das miñas mans frías

E a mente ateigada
de imaxes distantes
de actos inconclusos
da memoria inexistente

E o ollar do bosque
de vellas árbores que me arrodean
me agarima con respecto
na invisible esfera do ar xeado

martes, 29 de xaneiro de 2008

Xénese

No principio era a Nada
da que saiu o Todo eterno
sen tempo

E da Súa sombra
xurdiu o Caos e a Destrucción
que todo consume

E foron conscientes
de Sí mesmos e do Outro
no baleiro que os arrodeaba

No principio foi a loita
sen tempo que todo consume
no baleiro que os arrodeaba

martes, 27 de novembro de 2007

Porque Fun Nado...

Porque fun nado
para perderme no infinito
namorar que son
teus ollos...

martes, 20 de novembro de 2007

Na Infamia Do Eterno Círculo...

E o non morto
de pálidas vivencias atormentadas
na mente allea das delicias
paseaba polas rúas molladas
de pedra vella

Mentres o vermello río
que doe a cada paso
na infamia do eterno círculo
que xira vertixinosamente
anega a súa faciana

Na negra noite
a dama branca de ollos escintilantes
agarima as súas meixelas
que arrodean a gargallada colérica
da eterna tolemia

mércores, 17 de outubro de 2007

Onte Crin Que Non Estabas

Onte crin que non estabas
que o corvo te guiou ate o infinito
onde descansan os que caen na batalla
valerosos

Onte crin que non estabas
que o teu ollar me era afastado
e o teu sorrir un son perdido
na distancia

Onte crin que non estabas
que a miña vida sen sentido
amortaxando o teu recordo
no abismo