martes, 27 de marzo de 2007

Na Inquedanza Dos Cristais Rotos

E a árbore da vida cedeu, cansa
aos designios de corazóns chorosos
e cristais rotos...

E o seu ollar tornouse, se cabe
máis triste, máis profundo,
na distancia...

E a inquedanza arrodeouna, temerosa
dos ouveos que na noite nos espertan,
de repente...

4 comentarios:

Anónimo dixo...

Pareceme un poema francamente precisoso,sobre todo na sonoridade que transmiten os versos,non sei si foi querendo ou sin querer,pero da igual,trasmite unha sensacion de soidade,oscuridade e afastamento,como se estiveses perdido nun soño,nun mundo que non existe.
PRECIOSO

Anónimo dixo...

Precioso,francamente encantoume,sobre todo a sensación que transmite de soidade,afastamento....como si foso un soño escuro onde o teu unico acompañante e o teu medo.O mellor de todo a sonoridade que tranmiten os versos,no sei se foi querendo ou sen querer pero en todo caso quedouche xenial.

Anónimo dixo...

e o carballo maldito fechou os ollos de mar na noite dos cristais rotos, que resoan, que mancan, que volven ata facerse obsesión do pasado que foi e que non quero... porque é moi duro espertar de repente!!! onde te agochabas mentres eu durmía?

(unha mañá de febreiro envolveume en cristais aquel carballo).

Anónimo dixo...

Un só ruído nun só momento.
Renxer agudo de irtos intres.
Cristais debullados no alcatrán
intenso de neve e xeo.
Cerra os ollos na soidade escura
e non quere saber que pasou,
nin onde,
nin cando,
nin como.
Quere durmir no rebulir intenso
de ambulancias cinexéticas.
Choran palabras inconexas
de mulleres perdidas
(que non perversas).

Din que no aire non hai bolboretas
e ela soña que pode voar
coa hélice cuspindo desexos novos
mentres iamos camiño daquel xélido lugar.

P.D.: recordoume isto (que gardaba en segreto) e pensei que me apetecía compartilo contigo. Grazas