xoves, 15 de marzo de 2007

Nada Que Me Consume

E as tebras me arrodearon
unha vez máis
sentindo o abafo que o odio
golpeaba contra a miña caluga

Na soedade da indiferencia infinita
que a inxustiza dos mediocres alenta
sentín o formiguear nas miñas entrañas

E a neboada luz da ialba
me abatiu sen entender nada

Nada que me consume

Nada que me da a vida

1 comentario:

Anónimo dixo...

Na nada do todo das túas verbas nocturnas...