luns, 12 de marzo de 2007

Quen Quere A Paz...

Quen quere a paz?
Quérena aqueles que gobernan a vontade
Con hipócritas morais, dobre linguaxe
Que confunden os sentidos de falsas esperanzas?

Quen quere a paz?
Quérena aqueles que negocian coa vida
Morte en vida dos non civilizados
Que con resignada ollada mastican as sobras da fachenda?

Quen quere a paz?
Quérena aqueles que coas espadas relucintes
De poder mal entendido, forza ignorante
Gobernan co terror dos inocentes?

Quen quere a paz?
Quérena aqueles que coa oratoria da mentira
Enganan a masas de borregos sen honra
Pisoteando as nobres ideas dos antergos?

Quen quere a paz?
Quérena aqueles que con refinada cultura
Se enchen a boca de palabras baleiras
Mentres na súa ialma alentan a fachenda?

Quen quere a paz?
Quérea o home, imperfecta creación
Que na infinitude das estrelas
Abocado está á súa propia destrucción?

EU QUERO A PAZ...

Nocturno
Ourense, 11/3/2007

3 comentarios:

Anónimo dixo...

Non me deas a paz!
Permíteme ter a loita nocturna dos teus ollos;
a guerra silandeira das túas húmidas palabras;
o combate eterno contra as rochas espidas
de desexo
de soños
de angurias
de quérotes
de bágoas...

déixame guerrear aínda máis tempo contra a indeferenza pacífica do teu non te quero.

Anónimo dixo...

eu non quero a paz!!

quero a loita encarnizada dos teus ollos mariños,
quero a batalla nocturna dos teus silencios húmidos,
quero a guerra das rochas silandeiras do teu ventre,
quero pelexar coas unllas,
cos desexos,
cos beizos,
coa mirada
contra a indeferenza pacífica do teu: non te quero.

Anónimo dixo...

a paz é o que máis precisa o mundo pero non a poderemos alcanzar ata que todos xuntos loitemos por ela,xa que a xente que máis a pide só o fai de palabra sen realizar acción ningunha.