xoves, 25 de febreiro de 2010

Das Ancestrais Lendas Drou...

E que se o sangue derramado
anega a terra morta dos confíns escuros?
E que se os desprezables ananos
saborean a victoria en caveiras élficas?
E que se a maxia poderosa
se torna cobizosa na man da inexperiencia?

Non hai derrota máis deshonrosa
que a vida do que fuxe temeroso,
para logo con bágoas de tormento
esnaquizar a súa ialma baixo o látigo
de velenosas serpes do escuro culto
que a Deusa do Caos instaura dende o Abismo...

Deixade que rían, beban e canten
os seus irrisorios himnos de pedra labrada,
mentres os fillos da noite, da vinganza,
renacen con renovadas ansias
de poder, eterna bendición
da Apocalipse que asolará a Terra...

2 comentarios:

xenevra dixo...

Non hai maior derrota ca do que foxe da súa propia vida para rir, beber ou cantar himnos alleos. Haberá un día en que non se precise de derramar sangue para ser benzoados.

suso (el enanorrrll!! dixo...

^^ lo de la mano inexperta va por cierta bruja q lanzo un conjuro contra su geta?? jajaja mola el poema mola ^^ enanos a tope!