E que se o sangue derramado
anega a terra morta dos confíns escuros?
E que se os desprezables ananos
saborean a victoria en caveiras élficas?
E que se a maxia poderosa
se torna cobizosa na man da inexperiencia?
Non hai derrota máis deshonrosa
que a vida do que fuxe temeroso,
para logo con bágoas de tormento
esnaquizar a súa ialma baixo o látigo
de velenosas serpes do escuro culto
que a Deusa do Caos instaura dende o Abismo...
Deixade que rían, beban e canten
os seus irrisorios himnos de pedra labrada,
mentres os fillos da noite, da vinganza,
renacen con renovadas ansias
de poder, eterna bendición
da Apocalipse que asolará a Terra...
xoves, 25 de febreiro de 2010
venres, 15 de xaneiro de 2010
Torna O Pensamento
Chove, chove e máis chove...
E torna o pensamento, e torna a noite enteira...
Chove, chove e máis chove...
E torna o pensamento, de árbores tristes e caídas...
Chove, chove e máis chove...
E torna o pensamento, no lume que se apaga...

venres, 30 de outubro de 2009
O Espertar Do Xerión
No castelo derruído de sonos inconclusos
Entre pregos decadentes de voces moribundas
O círculo incompleto de harmonías silenciosas
Érguese na fría noite de lendas non narradas
As tribos de ignorantes, hipócritas traidores
Que coa súa fachenda enchen o ar de podredume
Verán rondar a Aquela que espreita con paciencia
Os laios dos que a vida tratou con inxustiza
Que agardan a regreso Daquel que non descansa
Mais que dorme ate a chamada hipnótica do druída
Baixo a feiticeira lúa na escuridade do outono
Na espiral gravada en pedra alén da mortandade
Esperta maxestoso aloumiñado polo vento
Aquel que rexe impávido as hordas de defuntos
Que claman liberdade...

Nas Verdes Fragas De Amh-Ghad-Ari
Por camiños tépedos de frouma os lobos ouvean entre fentos e carqueixas
Onde fragas de ancestrais carballos vixían aos que cruzan os seus límites
Onde a néboa con poética presenza agarima os soños dos que agardan
E aniña o negro e esquivo corvo alá nas sombras de almas sen acougo
Entre pedras na lareira que fumega
Vivenzas de encontros entre bágoas de saudade
No sagrado círculo onde entoa o vello bardo
Místicos cantos a tempos xa esquecidos
Na fonte de augas que o druida engalana coas herbas e esconxuros do Eterno
Onde o moucho espreita con sixilo a aqueles de ollar sobaixo e endeble
Onde a maxia de arrecendos e praceres que a lúa outorga coa súa pálida faciana
A miña ialma descansa na fría noite de estrelas que guían a Harmonía

xoves, 29 de outubro de 2009
A Alquímica Dexeneración Da Ialma
Na ialba na que Acuario emerxe en apoxeo
E o Cisne planea paseniño entre a Aguia e o Pegaso
O Dragón arrodea con furia ao Carro aló no alto
Mentres a Frecha persegue ao Zorro con celestial precisión
Con Mercurio inscrito en Capricornio, sona a Lira en Vega
Do nigromante que inicia o sendeiro do que espreita
E a vida que percorre coma a peste putrefacta
As paraxes recónditas da mortal existencia humana
Entre alquímicas substancias en grimorios de linguaxes xa caladas
Verbas arcanas e impercetibles sons que inician a fin inevitable
Facianas que se enrugan coma metais enferruxados
No autoengano da inmortalidade cara a Nada
Visións oníricas de felicidade entre ratas de risas infectadas
Doentes remordementos de sonos incumpridos no cemiterio de pedra inquebrantable
Na noite na que a lúa alumea o afiar de gadañas
O Primixenio guiará a miña sombra con cánticos de indescifrable harmonía

Cantares Das Loitas Esquecidas
Na humilde lareira o vello bardo
Entoa tristes historias de séculos fuxidos
Lendas de loitas esquecidas
Contra inimigos que nin o tempo soterrou
Nos seus ollos de negra sabedoría
Que ate axeonllan aos lobos
Vexo berros de vinganza
Contras os traidores ás arcanas crenzas
Árbores que sangran na noite
E sementan o futuro cara o incerto
Cantos que lembran aos heroes
Contra o hipócrita sorrir da ignorancia
“Lembrade aos que vos deron a honra
Mentres as súas ialmas procuran a xustiza.
Cantade e bebede xuntos no recordo
Mentres a pálida faciana prepara a súa gadaña
Na ialba que precede á treboada…”

Onde A Vitoria Agarda
Canso tras unha noite á espreita
Entre as rochas que arredan os temores
A néboa agarima a miña faciana
Mentres lembro os laios de amarga inquedanza
A fraga nos acolle con calada maxestuosidade
As tebras arrodean a miña coraxe
Os máxicos símbolos que me protexen
Aprestan o meu aceiro cara o silencio
O sangue mergulla o meu calmo sorrir
Mentres ollo cara os corpos sen sombra
O corvo guía a miña ialma
Cara o círculo infinito onde a vitoria agarda

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)